Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES: EPITELIO GLANDULAR. PÁNCREAS.
gladulas pancreas

Páncreas: glándula endocrina e exocrina (mixta)
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


O páncreas posúe unha porción secretora exocrina formada polos denominados acinos pancreáticos, e outra endocrina formada polos illotes de Langerhans. Por iso se di que é unha glándula mixta. A maior proporción do páncreas compona os acinos pancreáticos (98-99 % en humanos) os cales están formados por células con núcleo redondeado. A parte apical destas células, que dá cara ao interior do acino, é máis clara debido á acumulación do seu producto de secreción, os denominados gránulos de cimóxeno, que conteñen precursores de encimas dixestivas. Mentres que a súa parte basal aparece sempre máis tinguida pola abundancia de retículo endoplasmático rugoso, responsable de sintetizar os precursores encimáticos. No interior dalgúns acinos pancreáticos distínguense células máis pálidas denominadas células centroacinares. Estas células son as responsables da formación de túbulos para a conducción do producto liberado nos acinos. Estes túbulos converxerán nos conductos intralobulillares, e estes á súa vez nos conductos hepáticos que verten no tubo dixestivo.

A parte endocrina está formada polos illotes de Langerhans que se atopan dispersos entre os acinos pancreáticos. Son agrupacións celulares que posúen unha forte rede de capilares onde se liberan os productos que sintetizan. Aínda que en preparacións histolóxicas básicas son difíciles de distinguir, nos illotes de Langerhans hai diversos tipos celulares: células α (secretan glucagón), células β (secretan insulina), células δ (secretan somatostatina) e células F (secretan polipéptido pancreático).