Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES: EPITELIO   GLANDULAR.
GLÁNDULA   SALIVAR.
celulas secretoras intraepiteliales

Glándula salivar: glándula exocrina
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


A clasificación das glándulas exocrinas tamén se pode facer dependendo do producto de secreción. Nas glándulas salivares temos dous tipos de células secretoras: mucosas e serosas. As primeiras presentan un citoplasma de aspecto claro posto que o seu contido non se tingue cos colorantes usados. Os núcleos disponse na parte basal e teñen aspecto aplanado. As células serosas posúen un citoplasma máis coloreado grazas ao alto contido en encimas, fundamentalmente amilasas. Os seus núcleos disponse nunha posición máis central que nas células mucosas e son máis redondeados. Ao redor dos conductos excretores e a algúns acinos aparecen as células mioepiteliais, con núcleos e citoplasmas moi aplanados. Estas células axudan á expulsión do contido glandular grazas á súa capacidade contráctil. Hai distintos tipos de glándulas salivares en humanos: parótidas, sublinguais, submaxilares, glándulas de Ebner e outras máis pequenas e dispersas. Só as sublinguais e submaxilares son mixtas (con acinos serosos e mucosos), mentres que a parótida e de Ebner son serosas. As glándulas pequenas son mucosas. Independentemente do tipo de glándula salivar, todas elas liberan á cavidade oral cando son estimuladas polo sistema nervioso autónomo.