Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES: EPITELIO   GLANDULAR.   GLÁNDULA   SUPRARRENAL.
gladulas suprarrenal

Glándula suprarrenal: glándula endocrina
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


Esta glándula endocrina atópase localizada sobre a parte dorsal do ril. A organización do tecido epitelial glandular reflexa o seu variado tipo de secreción e determina os compartimentos desta glándula. Así, hai dúas partes diferenciadas: la corteza e a médula. A cortiza pódese subdividir noutros tres compartimentos. O máis externo dos compartimentos corticais denomínase zona glomerular, onde as células epiteliais se organizan formando túbulos dispostos irregularmente. Estas células están especializadas na liberación de mineralocorticoides como a aldosterona. Inmediatamente debaixo da zona glomerular atópase a zona fasciculada, que é a máis extensa, e na que as células epiteliais se dispón formando túbulos orientados radialmente. Ademais, as células epiteliais presentan un aspecto máis laxo ou esponxoso porque conteñen gran cantidade de pingas de lípidos. Están especializadas na producción e liberación de glucocorticoides como o cortisol. O terceiro compartimento, o máis interno da cortiza, é a zona reticular. Aquí os túbulos de células epiteliais tamén se dispón desordenadamente, formando unha estructura reticular, e producen e liberan hormonas sexuais esteroideas como os andróxenos. A zona medular, a máis interna da glándula, contén células epiteliais grandes e globosas que se asocian en grupos ao redor dos vasos sanguíneos medulares, onde liberan catecolaminas como a adrenalina e noradrenalina. A superficie externa da glándula suprarrenal está formada por unha vaina de epitelio conectivo denominada cápsula.