Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES: EPITELIO   GLANDULAR.
GLÁNDULA   TIROIDES.
celulas secretoras intraepiteliales

Glándula tiroides: glándula endocrina
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: PAS-hematoxilina en cortes de 8 micras de parafina.


A glándula tiroides é unha das glándulas endocrinas máis grandes do organismo e sitúase no pescozo, sobre a traquea. Posúe unha estructura en lóbulos que están separados por tecido conectivo, entre o cal transcorren os vasos sanguíneos onde se liberaran as hormonas xa procesadas. Os lóbulos conteñen aos folículos, que están formados polas células foliculares, formando un epitelio simple cúbico, e polo coloide. Entre os folículos atópanse outras células denominadas parafoliculares. O carácter glandular endocrino das células foliculares e parafoliculares débese á súa capacidade para producir e liberar hormonas que serán incorporadas e transportadas polos capilares sanguíneos que atravesan o tiroides. As células foliculares producen as hormonas tiroideas T3 (triiodotironina) e T4 (tiroxina), mentres que as parafoliculares liberan calcitonina. O coloide ocupa o interior do folículo e está formado maioritariamente por tiroglobulina, proteína producida polas propias células foliculares que serve de precursor para a síntese das hormonas tiroideas (T3 e T4).