Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES:   EPITELIO   GLANDULAR.
  CELULAS   INTRAEPITELIAIS.
celulas secretoras intraepiteliales

Tracto respiratorio: epitelio pseudoestratificado ciliado con glándulas unicelulares intraepiteliais.
Especie: porco (Sus scrofa domesticus; mamíferos)
Técnica: PAS-hematoxilina en cortes de 8 micras de parafina.


As células caliciformes son glándulas unicelulares intraepiteliais que se atopan dispersas entre as células do epitelio de revestimento do intestino (delgado e groso) e aparello respiratorio (traquea e bronquios). Estas células presentan forma de cáliz cun extremo apical máis ancho onde se acumulan as vesículas de secreción e un extremo basal estreito onde se localiza o núcleo. A liberación do producto realízase por secreción merocrina a través dun estímulo colinérxico autónomo. Unha vez liberado o producto a célula adelgázase e comeza a sintetizar de novo. Pasa así por ciclos de secreción nos cales se baleiran e vólvense a encher en 1 ou 2 horas.