Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicioInicio
IMÁXENES: EPITELIO SIMPLE PLANO
epitelio simple plano

Vaso sanguíneo: endotelio
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


O epitelio simple plano está formado por unha soa capa de células moi aplanadas, tanto que os núcleos forman a zona máis ancha de dita capa, a modo de ovo frito. En cortes transversais presentan estructuras fusiformes onde o citoplasma aparece moi delgado e difícil de observar. Este tipo de epitelio atópase tapizando superficies implicadas na difusión ou transporte de gases (alvéolos pulmonares), líquido tisular (mesotelio), sangue e linfa (endotelio).