Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicio Inicio
IMÁXENES: MUSCULO CARDIACO
músculo cardiaco

Músculo cardiaco
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


O músculo cardíaco está formado por células musculares ou miofibrillas, que a diferencia do músculo esquelético, son mononucleadas, co núcleo nunha posición central. Son máis curtas (unhas 80 µm) e máis anchas (uns 15 micrómetros aproximadamente) que as esqueléticas, e son ramificadas. As miofibrillas están unidas entre si polos chamados discos intercalares, que aparecen como bandas escuras nas preparacións histolóxicas, e que son complexos de unión con aspecto de desmosomas en mancha, pero moito máis extensos. A súa misión é a de manter cohesionadas ás miofibrillas e son sitios de ancoraxe do citoesqueleto. As miofibrillas presentan estrías transversais que se corresponde coa superposición dos filamentos de actina e miosina do seu citoesqueleto, mentres que as claras corresponden só aos filamentos de actina.