Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal inicio Inicio
IMÁXENES: MUSCULO LISO
músculo liso

Músculo liso
Especie: rato (Mus musculus; mamíferos)
Técnica: Hematoxilina-eosina en cortes de 8 micras de parafina.


O músculo liso atópase na parede do tubo dixestivo, nos conductos de certas glándulas, algúns conductos respiratorios, no útero e nas paredes dos vasos sanguíneos, entre outros lugares. Está formado por células fusiformes cun núcleo alargado en posición central. Ao redor do núcleo obsérvase un citoplasma onde se dispón a maioría dos orgánulos. O resto do citoplasma mostra un aspecto homoxéneo e é onde se localiza o aparello contráctil que, ao contrario que no músculo esquelético ou o muscular cardíaco, non se organiza en estructuras regulares visibles co microscopio óptico. Non son células ramificadas e a súa lonxitude varía entre 0,02 e 0,5 mm e o seu diámetro entre 8 e 10 µm. A organización das células musculares lisas é diversa e adáptase á función que desempeñan. Así, poden aparecer illadas no tecido conectivo, formando feixes moi pequenos que conectan os bulbos pilosos ou formando láminas concéntricas no aparello dixestivo. A súa contracción prodúcese por inervación desde as células do sistema nervioso autónomo, ben inervando cada célula individualmente ou só a algunhas, as cales transmiten o impulso eléctrico ás veciñas mediante unións en hendidura.