inicio
Inicio

ATLAS de HISTOLOXÍA VEXETAL e ANIMAL

Glosario

Alveolo o alvéolo : Cavidade, oco. Cada unha das fosiñas hemisféricas en que terminan certos conductos.

Cilio: Orgánulo celular filiforme localizado na superficie celular empregado como estructura locomotora ou sensorial. Contén internamente un axonema formado por microtúbulos (9 x 2 + 2: nove pares periféricos e un par central de microtúbulos) e fluído citosólico, todo iso illado do medio extracelular pola membrana citoplasmática. Cara ao interior da célula, o axonema continúase cunha estructura denominada corpo basal.

Complexo de unión: Son asociacións de proteínas localizadas na contorna da membrana citoplasmática que teñen por misión adherir ás células a outras células ou á matriz extracelular. Hai catro tipos principais de complexos de unión: unións estreitas (zónula occludens), desmosomas en banda (mácula adherens), desmosomas en mancha (zónula adherens) e hemidesmososmas.

Desmosoma: é un tipo de complexo de unión que une a dúas células veciñas formando estructuras a modo de remache puntual nas zonas contiguas das súas membranas citoplasmáticas. Cara ao interior celular están conectados cos filamentos intermedios. As cadherinas son as proteínas responsables de formar a conexión extracelular entre as células.

Ectodermo: é unha das tres primeiras poboacións celulares nas que se diferencian os blastómeros, células orixinadas nas primeiras etapas do desenvolvemento embrionario, durante a gastrulación. O ectodermo é a capa que inicialmente recubre ao embrión e produce derivados como a epiderme ou o sistema nervioso.

Endodermo: é unha das tres primeiras poboacións celulares nas que se diferencian os blastómeros, células orixinadas nas primeiras etapas do desenvolvemento embrionario, durante a gastrulación. O endodermo sitúase na parte interna do embrión e forma estructuras no organismo adulto como o epitelio dixestivo e glándulas gástricas.

Flagelos: Orgánulo celular filiforme localizado na superficie celular empregado principalmente como estructura locomotora. Contén internamente un axonema formado por microtúbulos (9 x 2 + 2: nove pares periféricos e un par central de microtúbulos) e fluído citosólico, todo iso illado do medio extracelular pola membrana citoplasmática. Cara ao interior da célula, o axonema continúase cunha estructura denominada corpo basal. A súa estructura é similar á dos cilios pero son máis longos.

Gastrulación: é unha etapa do desenvolvemento embrionario dos animais na que se producen numerosos movementos e diferenciación celulares que termina coa aparición de tres tipos de células que forman o endodermo, o mesodermo e o ectodermo, respectivamente .

Lámina basal: é unha especialización da matriz extracelular que se dispón a modo de lámina separando ao tecido conectivo doutros tecidos como o epitelial e o muscular. é rica en coláxeno tipo IV, laminina, perlecan e entactina, entre outras moléculas, que forman unha estructura a modo de malla.

Matriz extracelular: é un conxunto de moléculas que se atopan no espacio intercelular dos tecidos. Os seus principais compoñentes son proteínas (coláxeno, elastina, glucoproteínas, proteoglucanos, etc.), glícidos (principalmente glucosaminoglicanos), ións e auga. A composición e a natureza dos seus compoñentes son responsables das propiedades de tecidos como o óso, cartilaxe ou conectivo. Tamén é importante para a adhesividade, a mobilidade, a sinalización e a diferenciación celular, especialmente durante o desenvolvemento embrionario.

Mesodermo: é unha das tres capas embrionarias nas que se dividen as células embrionarias ao termo da gastrulación. As células mesodérmicas darán no organismo adulto a numerosas estructuras como a maioría da musculatura, do sistema óseo, uroxenital, sanguíneo, etc.

Microvellosidades: Son modificacións das superficies apicais dalgunhas células epiteliais especializadas na absorción de sustancias como as do dixestivo. Son pequenas extensións celulares de dimensións reducidas cuxo armazón está composto de filamentos de actina. Unha célula epitelial pode ter centos de microvellosidades.

Unions estreitas: Son un tipo de complexo de unión localizado cara á zona apical das células epiteliais. Provocan unha aposición tan estreita entre as células epiteliais que impiden o paso de sustancias a través dos espacios intercelulares.

Uniones focais: Son agrupacións moleculares asociadas coa membrana citoplasmática que posibilitan puntos de adhesión entre células veciñas.


Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
Mapa do sitio    Novidades    Tecidos animais
Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde.
Facultade de Bioloxía. Universidade de Vigo