inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TECIDO ADIPOSO
anterior Conectivo propiamente dito Inicio Tecido cartilaxinoso siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

O tecido adiposo pódese considerar como un tecido conectivo un tanto atípico posto que posúe moi pouca matriz extracelular, pero a súa orixe embrionaria son as células mesenquimáticas que dan lugar ao resto de tecidos conectivos. é un tecido especializado no almacenamento de lípidos gracias a unhas células capaces de conter no seu citoplasma grandes pingas de graxa: os adipocitos. Estas células, que tamén se poden atopar dispersas no tecido conectivo laxo, agrúpanse estreitamente en gran número para formar o tecido adiposo.

grasa blanca
Graxa branca en torno ao aparello dixestivo.

Os adipocitos disponse formando lóbulos que están separados uns doutros mediante septos de tecido conectivo fortemente irrigados por vasos sanguíneos. As imaxes de microscopía mostran aos adipocitos como células ocas, co citoplasma e o núcleo formando unha banda estreita nas proximidades da membrana citoplasmática. Iso é debido a que os lípidos que conteñen son eliminados cos solventes orgánicos empregados no procesamento do tecido para a súa observación.

Hai dous tipos de tecido adiposo: o formado por graxa branca (ou unilocular), cuxos adipocitos presentan unha gran pinga de lípidos, e o formado por graxa parda (ou multilocular), con adipocitos formados por numerosas pingas de lípidos. O primeiro está presente en todos os animais mentres que o segundo é frecuente nos animais hibernantes e nos fetos dos mamíferos.

anterior Conectivo propiamente dito Inicio Tecido cartilaxinoso siguiente