inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TECIDO CARTILAXINOSO
anteriorEpitelio adiposo Inicio Tecido óseo siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

É un dos principais tecidos de soporte, xunto co óso. A súa función é posible gracias ás propiedades da súa matriz extracelular, a cal é predominante neste tipo de tecido. O cartilaxe é unha estructura semiríxida que permite manter a forma de numerosos órganos, a superficie dos ósos nas articulacións e é o principal tecido de soporte durante as etapas iniciais do desenvolvemento, cando o óso aínda non está formado. é un tecido avascular e a súa matriz extracelular está formada fundamentalmente por coláxeno, fibras elásticas e glucosaminoglicanos sulfatados. As células que o compón son os condrocitos que se localizan en pequenos ocos, denominadas lagoas, diseminadas polo tecido cartilaxinoso.

Cartilago hialino
Cartilaxe hialino da tráquea de rato.

A maior parte do cartilaxe, excepto o tipo de cartilaxe denominado fribrocartilaxe, está rodeada por unha capa de tecido conectivo denominada pericondrio, que posúe unha capa externa de tecido conectivo fibroso formada por fibroblastos e fibras de coláxeno e unha interna condroxénica, onde se atopan as células condroxénicas e os condroblastos que darán lugar aos condrocitos. As células condroxénicas producen aos condroblastos e estes últimos son os responsables de sintetizar a matriz cartilaxinosa. A medida que a sintetizan vanse rodeando dela e transfórmanse en condrocitos. Este crecemento é por aposición. No cartilaxe novo, con todo, os condrocitos poden dividirse e contribúen á formación de matriz extracelular, no que se denomina crecemento intersticial.

Cartilago elastico
Cartilaxe elástico da orella de rato.

Hai tres tipos de cartilaxe no organismo: hialino, elástico e fibrocartilaxe. O cartilaxe hialino atópase rodeando á maioría dos ósos nas articulacións, os aneis da tráquea ou o cartilaxe do nariz, entre outros. O cartíxe elástico contén unha gran cantidade de fibras elásticas, o que lle confire a capacidade para estirarse sen romper a súa estructura, e atópase en certos lugares como epiglote, canle auditivo e pavillón auditivo. O fibrocartílaxe atópase en lugares como os discos intervertebrais e certos lugares de inserción do tendón ao óso.

anteriorTecido adiposo Inicio Tecido óseo siguiente