inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TECIDO CONECTIVO PROPIAMENTE DITO
anterior Tecido conxuntivo Inicio Tecido adiposo siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais
Conectivo laxo

Conectivo laxo onde se mostran as fibras de elastina.



Conectivo laxo

Conectivo laxo da mucosa

O tecido conxuntivo laxo o areolar ten unha distribución moi extensa e pódese considerar como ubicuo xa que aparece en todos os órganos. Atópase en zonas que non requiren unha gran resistencia ás tensións mecánicas. A seu matriz extracelular componse de fibras dispersas desorganizadamente entre células denominadas fibroblastos. Este tecido desempeña un papel fundamental na nutrición doutros tecidos e órganos, xa que os nutrientes difunden facilmente pola porción acuosa da súa matriz extracelular. Non é un tecido especializado. O tecido conectivo denso é especialmente abundante na lámina propia de órganos ocos. Neste tipo de tecido conxuntivo predominan as fibras sobre a matriz amorfa e os fibroblatos. Segundo a organización das fibras e das células divídese en subtipos.

Conectivo denso irregular

Conectivo denso irregular da pel.

O tecido conxuntivo denso irregular posúe grandes cantidades de fibras de coláxeno agrupadas en feixes grosos que están entrelazados formando unha rede tridimensional. As fibras de coláxeno son máis grosas que no tecido conectivo laxo. Atópase na derme e formando as cápsulas que envolven aos órganos.

Conectivo denso regular

Conectivo denso regular do tendón

O tecido conxuntivo denso regular posúe unha matriz extracelular cunha gran cantidade de fibras de coláxeno que se ordenan en forma paralela. Isto reflicte unhas necesidades mecánicas e de feito este tecido atópase naquelas estructuras sometidas a tensións mecánicas unidireccionais, como os tendóns, ligamentos e as vainas ou fascias que rodean aos músculos esqueléticos.

Conectivo reticular

Conectivo reticular do bazo

O tecido conxuntivo reticular posúe unhas células especializadas denominadas reticulares, diferentes dos fibroblastos comúns. Este tecido atópase na medula ósea e no tecido linfoide. Posúe unha rede de fibras reticulares anastomosadas.

Conectivo mesenquimatico

Conectivo mesenquimático de embrión de polo.

.

O tecido conxuntivo mesenquimático está formado por fibroblastos indiferenciados e materia fundamental laxa de aspecto xelatinoso. Mediante a diferenciación das súas células, a partir deste tecido formaranse o resto de tecidos conectivos.

anterior Tecido conxuntivo Inicio Tecido adiposo siguiente