inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMALES
EPITELIOS
Inicio Epitelios de revestimento siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

Os epitelios constitúen un dos catro tecidos fundamentais dos animais. Están formados por células dispostas de xeito contiguo, sen que exista practicamente matriz extracelular, co que presentan unha gran superficie de contacto entre elas. Nestas zonas adxacentes existen estructuras moleculares especializadas denominadas complexos de unión, como as unións estreitas e desmosomas, ademais de unións focais, que forman pontes intercelulares para fornecer a cohesión entre as células epiteliais. Isto fai difícil ou imposibilita o paso de determinadas moléculas polo espacio intercelular. Os epitelios non posúen rede de capilares sanguíneos polo que a nutrición realízase por difusión desde o tecido conectivo subxacente. As células epiteliais organízanse formando un ou varios estratos que descansan sobre unha capa de matriz extracelular especializada denominada lámina basal. Baixo a lámina basal sempre aparece tecido conectivo. A lámina basal ten un compoñente producido polas células epiteliais e outro polo tecido conectivo subxacente. é característico tamén dos epitelios a súa polaridade, entendendo por iso as diferencias morfofuncionais que presentan entre o seu dominio apical (orientado cara á luz ou cara ao exterior) e o seu dominio basal (orientado cara á lámina basal).

O tecido epitelial recibe distintos nomes segundo onde se localice. Por exemplo, na pel denomínase epiderme, cando recubre cavidades internas como a cavidade cardíaca, pulmonar ou abdome chámase mesotelio, e o epitelio que forma a superficie interna dos vasos sanguíneos e linfáticos é o endotelio. Ademais, os epitelios noméanse tendo en conta o número de capas de células, a forma das células da capa máis externa e se teñen ou non especializacións na súa superficie apical.

Determinados epitelios poden diferenciar e organizar as súas células para formar estructuras macroscópicas especializadas como o pelo, as uñas ou as plumas das aves. Estas estructuras son inducidas polo tecido conectivo subxacente. A orixe embrionaria dos epitelios pode ser seguido ata as tres follas embrionarias formadas durante a gastrulación. Por exemplo, o epitelio epidérmico procede do ectodermo, os que forman os capilares sanguíneos proceden do mesodermo e o epitelio dixestivo do endodermo.

Nalgunhas ocasións as células epiteliais agrúpanse e especialízanse na secreción de diversas sustancias. Falamos entón de epitelio glandular. O epitelio non glandular denomínase epitelio de revestimiento.