inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
EPITELIOS GLANDULARES
anterior Epitelios de revestimiento Inicio Tecido conxuntivo siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais
glandula intraepitelial
Células caliciformes dos conductos respiratorios do pulmón.

En maior ou menor medida, todas as células vivas son secretoras, pero algunhas están especializadas nesta función. Típicamente unha glándula é unha asociación grande e complexa de células cuxa principal función é a secreción. Pero ás veces existen células illadas ou agrupacións pequenas de células que se localizan entre os epitelios de revestimento e que tamén están especializadas na secreción. Fálase entón de glándulas secretoras intraepiteliais que poden ser unicelulares ou multicelulares. Durante a súa formación embrionaria, as glándulas orixínanse a partir dun epitelio de revestimento, denominándose exocrinas ou endocrinas dependendo do destino do seu producto de secreción.

glandula exocrina
Glándula exocrina ramifica dos conductos respiratorios do pulmón.

As glándulas exocrinas liberan as súas secrecións a unha cavidade interna ou ao exterior do organismo. Poden facelo directamente, como é o caso das células caliciformes ou o das células da superficie secretora do estómago, ambas intraepiteliais, ou mediante un conducto excretor que comunica a porción secretora co epitelio de revestimento. Estas últimas son as máis complexas morfolóxicamente e diferéncianse entre si pola forma dos seus conductos excretores e pola organización das súas porcións secretoras.

glandula-salivar
Glándula exocrina salivar coa parte mucosa á dereita e a serosa á esquerda.

O modo en que as células das glándulas exocrinas secretan os seus productos poden ser: a) Merocrina, cando o producto é secretado por exocitosis; b) Apocrina, cando a secreción implica a rotura e liberación da porción celular apical; c) Holocrina, cuando el contenido interno de la célula se libera por rotura total de ésta.

As sustancias secretadas polas glándulas exocrinas son variadas e con funcións diversas, e isto utilízase como criterio para a súa clasificación. Así, poden ser mucosas, serosas ou mixtas. As glándulas mucosas poden liberar glucosaminoglucanos, proteoglucanos e glucoproteínas para recubrir superficies internas, mentres que as glándulas serosas liberan encimas para a dixestión dos alimentos. Estas dous tipos distínguense claramente na glándula salivar. Por outra banda, un exemplo de glándula mixta, que contén células mucosas e serosas formando parte do mesmo alvéolo secretor, témolo na glándula salivar submandibular que segrega moco e contido proteico á cavidade bucal. No proceso de secreción axudan as células mioepiteliais, unhas células con capacidade de contracción que posúen longas prolongacións envolvendo as porcións secretoras das glándulas.

glandula tiroides
Glándula endocrina tiroides onde se aprecian os folículos con coloide.

glandula suprarrenal
Sección dunha glándula suprarrenal de rato con distintos tipos de porcións secretoras.

As glándulas endocrinas non teñen conductos e secretan os seus productos, como hormonas e proteínas, ao espacio extracelular desde onde pasan ao torrente sanguíneo para distribuírse polo resto do organismo. Hai glándulas endocrinas intraepiteliais unicelulares que forman o sistema neuroendrocrino difuso. Estas células están illadas e mesturadas coas células epiteliais de revestimento do tracto respiratorio, do tracto gastrointestinal e entre as células da hipófise. A dependencia dos vasos sanguíneos do resto das glándulas endocrinas (non intraepiteliais) fai que as células secretoras se dispóñan en cordóns ou glomérulos rodeados por unha rede densa de capilares. Os productos de secreción non se liberan inmediatamente logo da súa síntese senón que se poden almacenar no interior celular ata que chegue o sinal para a súa liberación. Nalgúns casos, estes productos, poden almacenarse extracelularmente en reservorios denominados folículos, formados por células secretoras, como o caso do tiroides. Noutras ocasións varias glándulas endocrinas que secretan sustancias diferentes asócianse para formar unha estructura única, como nas glándulas suprarrenais.

glandula pancreas
Páncreas de rato onde se aprecian os illotes de Langerhans e os acinos pancreáticos.

Existen órganos como o páncreas no que coexisten glándulas exocrinas e endocrinas en estreita asociación. A parte exocrina libera o seu contido ao tubo dixestivo, mentres que a parte endocrina forma os illotes de Langerhans.

anterior Epitelios de revestimiento Inicio Tecido conxuntivo siguiente