inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
Epitelios siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

Un tecido (del latín texere = tejer) é un conxunto de células que cooperan para levar a cabo unha ou varias funcións nun organismo. Para iso relaciónanse entre si mediante interaccións celulares directas ou mediadas pola matriz extracelular. Distintos tecidos asócianse entre si para formar os órganos. La histoloxía é unha disciplina eminentemente descritiva baseada na observación mediante microscopios, tanto ópticos como electrónicos, dos distintos tipos de tecidos. Con todo, o coñecemento da anatomía e organización dos tecidos é fundamental para comprender a súa fisioloxía e recoñecer alteracións patolóxicas, tanto dos propios tecidos como dos órganos e estructuras que forman.

A pesar de que as células que forman un organismo son moi diversas en forma e función, os histólogos clasificaron tradicionalmente aos tecidos en catro tipos fundamentais:

Tecidos epiteliais. Conxunto de células estreitamente unidas que tapizan as superficies corporais, tanto internas como externas, e que ademais forman glándulas.
Tecjidos conectivos o conxuntivos. Agrupan a un variado grupo de tecidos que se caracterizan pola gran importancia da súa matriz extracelular, a cal na maioría dos casos é a principal responsable da súa función. Orixínase a partir das células mesenquimáticas embrionarias. Forman a maior parte do organismo e realizan funcións tan variadas como sostén, nutrición, reserva, etc. O tecido conectivo especialízase en diferentes tipos cuxa clasificación pode depender do autor.
Tecido muscular. Formado por células que permiten o movemento dos animais grazas á propiedade das súas células de contraerse.
Tecido nervioso. Está constituído por células especializadas en procesar información. Recíbena do medio interno ou externo, intégrana e producen unha resposta que envían a outras células.
Epitelios siguiente