inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TECIDO MUSCULAR
anterior Tecido sanguíneo Inicio Tecido nervioso siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

O tecido muscular é un derivado mesodérmico responsable do movemento dos órganos e dos organismos que o posúen. Está formado por unhas células moi alargadas denominadas miocitos ou fibras musculares que teñen a capacidade de contraerse. Os miocitos disponse en paralelo formando feixes. A capacidade contráctil destas células depende da asociación entre microfilamentos e proteínas motoras miosina II presentes no seu citoesqueleto.

O tecido muscular divídese en dous tipos: estriado e liso. As células do músculo estriado presentan unhas bandas perpendiculares ao eixo lonxitudinal celular cando se observan ao microscopio, de aí o seu nome. O tipo estriado se subdivide en músculo esquelético e en músculo cardíaco. Estas bandas transversais non aparecen no músculo liso.

musculo estriado esqueletico
Músculo estriado que rodea ao esófago dun rato.

O músculo estriado esquelético denomínase tamén voluntario posto que é capaz de producir movementos conscientes, é dicir, está invervado por fibras nerviosas que parten do sistema nervioso central. As súas células son moi alargadas e denomínanse fibras musculares.

musculo estriado cardiaco
Músculo cardíaco de rato.

Como o seu nome indica, o músculo estriado cardíaco, forma as paredes do corazón. A súa misión é a contracción muscular, cuxo ritmo está controlado polo sistema nervioso autónomo. As súas células denomínanse miofibrillas que son mononucleadas e ramificadas. As miofibrillas están unidas entre si polos discos intercalares.

musculo liso
Músculo liso do intestino de rato.

Ao músculo liso tamén se lle denomina involuntario ou plano. Está formado por células fusiformes non ramificadas e cada célula só ten un núcleo en posición central. Atópase en todas aquelas estructuras corporais que non requiran movementos voluntarios como o aparello dixestivo, algunhas glándulas, vasos sanguíneos, etc.

anterior Tecido sanguíneo Inicio Tecido nervioso siguiente