inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TECIDO NERVIOSO
anterior Tecido muscular Inicio

Cuestionarios
Tecidos animais

O tecido nervioso desenvólvese a partir do ectodermo embrionario. é un tecido formado por dous tipos celulares: neuronas e glía, e cuxa misión é recibir información do medio externo e interno, procesala e desencadear unha resposta. é tamén o responsable de controlar numerosas funcións vitais como a respiración, dixestión, bombeo sanguíneo do corazón, regular o fluxo sanguíneo, control do sistema endocrino, etc.

As células do sistema nervioso agrúpanse para formar dous sistemas: o sistema nervioso central que inclúe o encéfalo e a medula espinal, e o sistema nervioso periférico formado por ganglios e neuronas diseminados polo organismo.

Medula espinal
Médula espinal.

As neuronas están especializadas na conducción de información eléctrica polas súas membranas gracias a variacións no potencial eléctrico da súa membrana citoplasmática. Estas células pódense subdividir en tres compartimentos: o soma ou corpo celular, as prolongacións dendríticas e o axón. O compartimento dendrítico é o principal receptor da información que provén de multitude doutras neuronas, intégraa e diríxea ao corpo celular. Do corpo celular parte o axón por onde viaxa a información integrada cara a outras neuronas ou a fibras musculares.

Ganglio espinal
Ganglio da médula espinal.

O número e disposición das dendritas que posúe unha neurona é moi variable, mentres que cada neurona posúe un só axón (salvo excepcións). As neuronas comunícanse entre si ou coas células musculares gracias á existencia de mediadores químicos denominados neurotransmisores. Isto ocorre nunhas zonas especializadas denominadas sinapses. O neurotransmisor é liberado pola neurona presináptica ao espacio sináptico, onde viaxa ata a superficie da neurona postsináptica, que posúe receptores específicos para el. A unión do neurotransmisor ao receptor postsináptico produce un cambio no potencial de membrana da neurona postsináptica.

Ependimo de medula espinal
Epéndimo da médula espinal.

As células gliales son máis numerosas que as neuronas e hai diversos tipos: astrocitos, células de Schwann, oligodendrocitos e microglía. A súa función é moi variada. Os astrocitos forman unha envolta que rodea aos vasos sanguíneos e a superficie do encéfalo, contribúen á homeostase do tecido nervioso e modulan a actividade sináptica das neuronas. A microglía relaciónase con funcións de defensa fronte a patóxenos ou lesións nerviosas. Os oligodendrocitos e as células de Schwann forman as vainas de mielina que rodean aos axóns das neuronas no encéfalo e no sistema nervioso periférico, respectivamente.

anterior Tecido muscular Inicio