inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
EPITELIOS de REVESTIMENTO
anterior Epitelios Inicio Epitelio glandular siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

Os epitelios de revestimento forman unha capa que tapiza as superficies externas (pel, pulmóns ou aparello dixestivo) e internas (vasos sanguíneos, linfáticos e pleuras). Cando recobren cavidades serosas do organismo como as pleuras denomínanse mesotelios, pero cando recobren a parte interna dos vasos sanguíneos ou linfáticos chámanse endotelios. Os epitelios de revestimento caracterízanse por posuír moi pouca matriz extracelular e as súas células están fortemente unidas por complexos de unión. Posúen unha alta taxa de renovación celular debido á proliferación das células proxenitoras presentes e a unha morte celular continuada. Poden posuír especializacións celulares que lles permiten ser receptores sensoriais e, segundo os organismos, desenvolver estructuras complexas como pelos, plumas ou escamas.

Clasifícanse segundo o número de capas celulares que presentan e a forma celular da capa máis apical (superficial). Nos epitelios simples, constituídos por unha soa capa de células, todas as células contactan coa lámina basal e tamén forman a superficie libre do epitelio. As células poden ser aplanadas, cúbicas (igual de anchas que de altas) ou prismáticas (máis altas que anchas). Nos epitelios pseudoestratificados todas as células contactan coa lámina basal, pero non todas alcanzan a superficie libre do epitelio posto que unhas son máis altas que outras. Este é un epitelio simple con aparencia de estratificado. Os epitelios estratificados posúen dúas ou máis capas de células nas que só unha das capas contacta coa lámina basal, mentres a capa máis superficial forma a superficie libre. Os epitelios estratificados clasifícanse en planos, cúbicos ou prismáticos, segundo a forma das células do estrato que delimita o espacio libre do epitelio. Os epitelios de transición teñen máis dunha capa de células pero o seu aspecto cambia dependendo do estado en que se atope o órgano que tapizan.

Forma celular
Planos ou escamosos      Cúbicos      Prismáticos

Disposición celular
Simples      Estratificados      Pseudoestratificados      de Transición


  Epitelios de revestimento planos   

Están formados por células aplanadas a modo de mosaico.

Epitelio simple plano dun vaso sanguíneo Epitelio estratificado plano queratinizado da pel Epitelio estratificado plano do esófago

  Epitelios de revestimento cúbicos   

Están formados por células que adoitan ser igual de altas que de anchas.

Epitelio simple cúbico dun conducto excretor dunha glándula.

  Epitelios de revestimento prismáticos   

Están formados por células máis altas que anchas.

Epitelio simple prismático da vesícula biliar Epitelio estratificado prismático da uretra

  Epitelios de revestimento de transición   

Están formados por células que cambian de forma cando o epitelio contráese ou distende.

Epitelio de transición contraído da vexiga urinaria Epitelio de transición distendido da vexiga urinaria

  Epitelios de revestimento pseudoestratificados   

Están formados por células que dispón os seus núcleos a distinta altura pero todas as células teñen a súa membrana citoplasmática en contacto coa lámina basal.

Epitelio pseudoestratificado ciliado da tráquea



anterior Epitelios Inicio Epitelio glandular siguiente