inicio Inicio
Atlas de Histoloxía Vexetal e Animal
VISITA GUIADA POLOS TECIDOS ANIMAIS
TEJIDO SANGUÍNEO
anterior Tecido óseo Inicio Tecido muscular siguiente

Cuestionarios
Tecidos animais

O sangue atópase no interior dos vasos sanguíneos e o corazón, e circula por todo o organismo impulsada polo corazón e polos movementos corporais. Entre as súas principais funcións está a de transportar nutrientes e osíxeno desde o aparello dixestivo e os pulmóns, respectivamente, ao resto das células do organismo. Tamén se encarga de levar productos de refugallo desde as células ata o ril e os pulmóns, e de manter homoxéneamente a temperatura corporal. Entre as súas células atópanse as que forman o sistema inmunitario, que utilizan o torrente sanguíneo e a rede de vasos sanguíneos para viaxar a calquera parte do organismo e defendernos fronte ás enfermidades.

celulas sanguineas
Células que compón o sangue dos humanos

O sangue é un tipo especializado de tecido conectivo composto de células, fragmentos celulares e fluído intercelular denominado plasma sanguíneo. As células sanguíneas clasifícanse en dous tipos: eritrocitos o glóbulos vermellos y leucocitos o glóbulos brancos. O sangue tamén contén fragmentos celulares denominados plaquetas. Os leucocitos divídense á súa vez en granulares: neutrófilos, basófilos e eosinófilos, e en agranulares: linfocitos e monocitos.

O plasma é o compoñente fluído do sangue e representa máis da metade do volume sanguíneo. Está formado por multitude de moléculas, desde ións ata proteínas voluminosas. é o principal medio de transporte de nutrientes e productos de refugallo.

anteriorTecido óseo Inicio Tecido muscular siguiente